mask-pine

O Xeodestino

O xeodestino Comarca de Lugo-Terras de Ulloa abarca os concellos de Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade. Estes concellos rodean o concello da capital, Lugo,  esténdese pola comarca de A Ulloa, ata as provincias de A Coruña e Pontevedra. Mostra da gran riqueza ecolóxica que caracteriza este territorio e a Reserva da Biosfera Terras do Miño, que coas súas áreas recreativas e fluviais facilitan o gozo dos fermosos paraxes que atravesan este río.

Descubre o noso

Patrimonio

Dentro do patrimonio relixioso destaca a igrexa monacal de San Salvador de Vilar de Donas con interesantes pinturas góticas e tamén a igrexa monacal de Santa María de Ferreira de Pallares en Guntín. Outro exemplo notable de arquitectura relixiosa e a igrexa de Santa María de Vilabade en Castroverde.

Varios son os exemplos de arquitectura defensiva neste Xeodestino. Dende a torre-fortaleza de -Castroverde ata a torre de Miraz en  Friol. Pero o castelo máis famoso e do de Pambre en Palas de Rei, recentemente habilitado.

Varios museos espérannos para mostrarnos a súa riqueza etnográfica: o museo parroquial de Monterroso, entre outros.  Estes concellos  rodean o concello da capital, Lugo, e esténdense pola comarca de A Ulloa, ata as provincias de A Coruña e Pontevedra.

Mostra da gran riqueza ecolóxica que caracteriza esta territorio e a Reserva de Biosfera Terras do Miño, que coas súas áreas recreativas e fluviais facilitan o gozo dos fermosos paraxes que atravesan este río.

Concellos

Visita os

Espacios naturais

Son varios os espazos naturais protexidos nos que están incluídos concellos de este xeodestino:  e de Parga-Ladra-Támoga (Friol, Outeiro de Rei e Rábade); a Serra de Careón (Friol, e Palas de Rei) e o Miño-Neira (O Corgo, Guntín e O Páramo). Ademais da xa citada Reserva de Biosfera Terras do Miño, cos concellos de Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Outeiro de Rei, O Páramo e Rábade. A parte dos espazos naturais podemos gozar das vistas do miradoiro de Farelo en Antas de Ulla. Ou dar un paseo pola Insua de Seivane ou ben practicar sendeirismo pola PR-G 155 Ruta Miradoiro da Terra Chá, ámbolos dous en Outeiro de Rei. Os Ríos de estas terras mostran as súas fervenzas, como a Fervenza das Torrentes de Mácara en Palas de Rei.

Goza da nosa

Festas e gastronomía

Dúas son as festas de interese turístico: a gastronómica Feira do queixo e do pan de Friol e a moi popular Feira de Santos en Monterroso, que se celebra o día de Tódolos Santos, 1 de novembro.

Tamén hai festexos como a celebración do Friulio (Friol) Ou a Festa do Pemento de Mougán (Guntín) entre outras que espertan o interese entre os visitantes.

Enlaces

de

INTERESE

Youtube

Visita o noso canal

Festigaleiros

Festivales, Feiras e festas de Galicia

GDR

Asociación para o Desenvolvemento Rural

Turismo

Turismo de Galicia

Subscribete agora

Recibe as ultimas novas