1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN
A Asociación ADR Comarca de Lugo, con domicilio na Avenida Lugo, 89 – Friol – 27220 (Lugo) e identificada co número G27481662, organiza o sorteo de ámbito provincial, a desenvolver durante a realización das actividades, exclusivo para usuarios das actividades realizadas no xeodestino, de acordo co disposto no apartado de requisitos de participación.
A finalidade deste sorteo é premiar a fidelidade dos asistentes ás actividades organizadas polo Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa.
2.- DATA DE INICIO E DATA DE REMATE
A promoción iniciarase o 26 de outubro de 2024 e rematará o 9 de novembro de 2024.
3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN
Os requisitos de participación serán os seguintes:
– Poderán participar aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos.
– Só poderán participar os participantes que asistan ás dúas xornadas organizadas o día 26 de outubro e o 9 de novembro de 2024.
– Os participantes deberán ter selada a asistencia ás dúas actividades cun selo da ADR Comarca de Lugo.
4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS
Elixirase o gañador mediante a introdución das papeletas nunha urna, de onde se extraerá unha papeleta de forma aleatoria. O gañador será comunicado o 9 de novembro ao remate da actividade dese día.
O premio consistirá en dúas noites no hotel rural “O Lar do Alecrín” (Friol), con almorzo incluído e unha cea con menú especial para dúas persoas. O premio non se poderá trocar por diñeiro en metálico ou por calquera outro premio, nin poderá ser obxecto de cambio ou alteración.
O gañador poderá contactar coa Asociación no momento da elección do gañador, xa que deberá estar presente nun prazo de 15 minutos. No caso de que no prazo estipulado non se produza tal contacto, procederáse a asignar outro gañador. Se o seguinte clasificado non responde no prazo de 10 minutos desde a comunicación do premio, o Organizador resérvase o dereito de decidir que facer co premio, incluso podendo deixalo deserto.
A celebración do sorteo, así como a concesión do premio, quedan suxeitas á normativa fiscal vixente.
5.- DESCUALIFICACIÓNS E SANCIÓNS
Se se evidencia que algún dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula, e quedarán automaticamente excluídos da promoción, perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta promoción.
A Asociación resérvase o dereito de declarar o sorteo deserto.
6.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios, ou que puidesen vulnerar os dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra unha persoa que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar, e á propia imaxe.
Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na promoción, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.
A participación na presente promoción, así como a publicación dos comentarios realizados polos participantes, non poderá vulnerar baixo ningún concepto as Regras comunitarias de Instagram nin as Condicións de uso de Instagram.
7.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
A título enunciativo, pero non limitativo, non nos responsabilizamos das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento da presente promoción. Tampouco nos responsabilizamos do uso que faga o participante respecto do premio obtido desta promoción.
Non asumimos responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que poidan impedir a realización da promoción ou o goce total ou parcial do premio.
No caso de que esta promoción non puidese realizarse, ben por fraudes detectados na mesma, erros técnicos, ou calquera outro motivo alleo ao control da empresa e que afecte o normal desenvolvemento do concurso, reservámonos o dereito a cancelar, modificar ou suspender a mesma, incluíndo a páxina web de participación.
8.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Os datos de carácter persoal facilitados serán tratados pola Asociación ADR Comarca de Lugo, con NIF G27481662, de acordo co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación dos mesmos.
Os datos facilitados serán tratados polo tempo necesario para o cumprimento das finalidades obxecto de tratamento, mentres non se opoña ao mesmo e polo tempo necesario para o cumprimento das obrigas legais do responsable.
Os datos non serán cedidos nin comunicados a terceiros, salvo nos supostos legalmente establecidos. Lembrámoslle que ten dereito a exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, limitación, oposición e portabilidade de forma gratuíta mediante correo electrónico a: info@comarcadelugo.gal ou ben na seguinte dirección: Rúa Deputación nº 14, 27220 – Friol (Lugo) e a solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos en www.aepd.es.
9.- CAMBIOS E ACEPTACIÓN
Resérvamonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida en que non prexudiquen ou menoscaben os dereitos dos participantes na promoción.
O mero feito de participar no sorteo implica que o participante acepta totalmente as condicións destas bases legais.
10.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lexislación española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese xurdir en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de residencia do participante.