ALIMENTACIÓN DO ATLÁNTICO

O XEODESTINO COMARCA DE LUGO-TERRAS DA ULLOA FIXO A SÚA POSTA DE LARGO NO SALÓN DE ALIMENTACIÓN DO ATLÁNTICO (SALIMAT) NO MARCO DA FEIRA INTERNACIONAL SEMANA VERDE DE GALICIA.

  • A entidade xestora do mesmo previo dun Convenio que se asinará coa Axencia de Turismo de Galicia, o GDR 4 Comarca de Lugo, alcanzou un gran éxito de visitantes nun stand no que se deu a coñecer o lema do Xeodestino “Gustus Terrae-El Sabor de la Terra”, e realizou unha serie de degustacións onde se puxeron en valor os diferentes produtos gastronómicos do territorio da Comarca de Lugo e de Terras da Ulloa.
  • Máis de 120.000 visitantes puideron descubrir a nova aposta turística do interior lucense. que seguirá a realizar labores promocionais tales como a edición dun vídeo publicitario, a elaboración de guías turísticas por parte de Guido Alvarez e xornadas de sensibilización do sector acerca do potencial turístico do territorio.
  • O Xeodestino presentou así mesmo en Festur (Feira das Festas de interese turístico galego) vinculado a Turexpo, a Festa de Interese Turístico Galego do Queso de Friol e o Pan de Ousá, onde se fixeron as delicias dos visitantes cunha ampla degustación dos devanditos produtos.

Silleda, o 10 de xuño de 2023

O GDR 4 Comarca de Lugo como xestor do novo xeodestino do interior da provincia lucense denominado Comarca de Lugo-Terras da Ulloa quixo que o Salón de Alimentación do Atlántico no marco da Feira Internacional Semana Verde de Galicia fose a posta de largo da súa andaina en busca da promoción turística dos Concellos que conforman este territorio e que son Antas de Ulla,   Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade.

O ente xestor puxo un stand nunha feira que tivo máis de 120.000 visitantes desde o xoves ata o de hoxe domingo, e onde dou a coñecer o lema promocional do Xeodestino que é “Gustus Terrae- O Sabor da Terra”, onde se pretende valorizar a cultura gastronómica da zona, os seus produtos agroalimentarios, e así mesmo asociarse a cultura Romana tan proxectada das cecanías da Cidade de Lugo,   poñelo cal o lema ten a súa lóxica territorial.

Durante os catro días da Feira no stand do Xeodestino os visitantes puideron descubrir a importancia deste novo destino turístico con recursos de importancia como o Rio Ulla, o seu importante patrimonio histórico e natural e os camiños de Santiago, e o tempo degustar en varias sesións diferentes produtos agroalimentarios tanto da Comarca de Lugo como das Terras da Ulloa,   como os pementos de Mougan de Guntín, o viño de Monterroso, os queixos de Friol e Palas, ou os embutidos de diferentes concellos pertencentes ao territorio así como pan forneado igualmente nos diferentes concellos, ou os recoñecidos chocolates de Monterroso.

Desde o GDR 4 como ente xestor anunciaron que esta será a primeira das actividades que se van desenvolver dentro dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, e a través do cal tamén realizarán un vídeo promocional que será presentado no mes de Setembro, uns cursos de sensibilización do sector acerca da existencia do Xeodestino e a elaboración de guías turísticas en colaboración co coñecido guía Guido Alvarez.

Festa de Interese Turístico Galego do Queixo de Friol e o Pan de Ousá

No marco da mesma Semana Verde pero no pavillón de Festur (Feira das festas de interese turístico) vinculado a Feira do Turismo Turexpo, o Xeodestino en colaboración co Concello de Friol representado pola súa Concellería de Cultura Mary Buján, presentou a Festa de Interese Turístico Galego do Queso de Friol e o Pan de Ousá.

Alí centros de comensais degustaron estes dous produtos típicos do Concello lucense, que sen dúbida é un dos grandes atractivos festivos e gastronómicos do novo Xeodestino.

Subscribete agora

Recibe as ultimas novas