O concello de Antas de Ulla, situado na provincia de Lugo, a 45 kilómetros da capital de provincia, está situado no límite coa provincia de Pontevedra, ocupando exactamente o centro xeográfico de Galicia. Dentro da Comarca da Ulloa, limita ó norte con Palas de Rei, ó sur con Taboada e a provincia de Pontevedra, no sur limita con Monterroso, e no oeste coa provincia de Pontevedra.
Comezando polo topónimo “Antas” que significa dolmen ou monumento dó megalítico, facémonos unha idea da antigüidade dos asentamentos da poboación no que hoxe e o municipio de Antas de Ulla.
A gran cantidade de restos arqueolóxicos que se poden achar nesta zona, dende petroglifos a dólmenes, ademais de mámoas, así como en épocas posteriores os castros, son testemuños pétreos do que se cree debeu ser un importante megalítico.
Aínda que apenas existe unha historia coñecida do municipio, coñécense certos feitos históricos que dan unha idea do futuro destas terras co paso dos anos. Por exemplo, sábese que aqueles asentamentos do megalítico serían ocupados posteriormente polos romanos, dado que pola Comarca da Ulloa, formada polos concellos lucenses de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, pasaba na Idade Antiga a vía que unía Lucus Augusti e Iria Flavia.
Tamén se teñen noticias, a través do Códice Calixtino, de feito de que no século VI estableceuse o Condado de Ulliensis, tomando como nome do Río Ulla, que nace nestes concello. Este mesmo documento fai referencia a un próspero burgo medieval que viviu na Idade Media no período de esplendor, materializado no amplo patrimonio de arquitectura civil e relixiosa que aínda hoxe alberga toda a comarca da Ulloa.
Figuran tamén referencias ó concello en escritos de Ptolomeo, que citan como cidade a rexión galaica no lugar de Turuptia, que historiadores máis recentes sitúan na parroquia de San Xurxo de Terrachá.
Outra referencia histórica atopámola no ano 747, cando Odoario facía referencia no seu testamento a parroquia de Alvidrón.
Pero se por algo se caracteriza a historia de Antas de Ulla, e polas súas lendas, que forman parte de tradición popular e falan sobre tesouros agochados baixo os castros, de rituais de un culto druídico no Monte Farelo e na Ponte Pedriña, de mananciais ós que atribúen virtudes curativas, como o do Campo das Antas, no que unha vez existiu unha capela (polo que pasou a chamarse Campo das Santas), a multitude de lendas de mouros e encantos, relacionadas sen dúbida coa historia medieval da zona.
E si “Antas proven do dolmen, o resto do topónimo, de Ulla”, como no do río Ulla, punto de referencia básico na realidade municipal. Serve de fronteira natural cos concellos limítrofes de Monterroso e Palas de Rei. Segundo estiman os xeógrafos a súa conca fluvial e a máis extensa de Galicia, despois do Miño, pois chega ós 2.700km2 . O río nace no concello, en terreos pertencentes a parroquia de Olveda e a Comarca da Ulloa. As súas augas regan o seu paso estas fértiles terras, pero ademais producen outra gran riqueza: as súas exquisitas troitas, recoñecidas xa no século pasado por Mardoz e tan apreciadas polos pescadores da provincia.
Da relevancia e significación histórica de Antas de Ulla quedan variados testemuños, como a Torre de Amarante, o Pazo de Santa Mariña; así como as diversas presencias de blasóns.
Da historia máis recente, cabe facer mención o feito de que o nome da capital do Concello, ata ben entrada a segunda metade do século XX, foi o do Seoane (fonéticamente como [Soane]); reservándose o nome de Antas de Ulla para a totalidade do Concello. Hoxe en día a rúa de Seoane rememora o nacemento da localidade.
Castroverde está situado ó este de Lugo e o seu territorio, constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais. O Concello está dividido en 37 parroquias. O escudo de Castroverde foi aprobado nun pleno de 1992. Está encabezado por unha coroa condal e no cuartel superior, de cor verde, encontramos un castelo de prata, mentres que no interior, de cor vermello, podemos ver un cordeiro pequeno de prata deitado e acompañado de un bolo de ouro.
A coroa condal corresponde ó Condado de Flammoso, un dos 11 da división sueva. Precisamente nas inmediacións do castelo nace o río Cachamoso, do cal a toponimia sempre foi o testemuño más fidedigno de que pode valerse a Historia, fortaleza da cal o Rei Afonso III firmou algúns documentos.
O castelo, ou o que queda del, fíxose por obra e gracia dos Condes de Lemos, e foi reformado posteriormente por parte dos seus ilustres compradores. En 1514, propietario daquelas, Alonso Niño de Castro, Meiriño Maior de Valladolid, vendeulle a vila, fortaleza e terras de Castroverde e de Luaces, ó conde de Altamira, e 5.500.000 marabedís, que por aquela era unha fortuna.
Nun principio foi castro, castro era cando os romanos proxectaron, puxeron varias pontes, empedraron, cabalgaron… a través das súas terra, a Vía Lucus Augusti- Gigia. Hoxe en día estanse a facer importantes xestións conducentes a unha certa recuperación/restauración.
Contan que o cerco de Lugo, sobre o ano 714, cando foi acometido polos de Alá (aqueles veciño ós que se lles pediu un préstamo de forza e acabaron de usureiros, quedando con terras ou coa metade dela), acudiu en axuda o Conde de Flammoso, e como estas terras de sempre foron a mellor despensa de Lugo, abriuse paso con un fato de vitelas, ovellas, carneiros, cabras,… ademais de trigo e de outros abastecementos.
Xa dentro da muralla, chegou o día da Pascua grande, da Kevira musulmán. Un cabaleiro, doido da indixencia dos asediadores, díxolles os crentes de Mahomet, para que puidesen cumprir co seu ritual, un fato de ovellas e de carneiros, ademais de pan a fartar para que non lles faltase nada en tal ocasión. Os mulimes reflexionaron: “Eles aguantan as xeadas…, e logo que están ben abastecidos, incluso con hortas dentro da muralla … ¡mandémolos mudar!”
Mudaron cara Astorga, pois nada máis saír de Lugo colleron a Vía de Castro Verde, dispostos a asaltar todo o que alí quedara. Sabedor de ese Bol-año, alcume que lle quedou, cargou contra eles , feito un porco bravo, e non parou ata eliminalos… precisamente en Covadonga, na cova da Señora.
O sobrenome quedou en apelido, incluso dando xentilicio a parroquia de Bolaño, berce das súas mesnadas; tanto levantaron ós descendentes de aquel señor, tan xeneroso como valente, que este apelido non e raro atopalo hoxe en día incluso nas Américas.
O concello de O corgo está situado o leste de Galicia, e no centro da provincia de Lugo, da que administrativamente forma parte. Limita polo norte cos concellos de Lugo e de Castroverde; polo leste con Castroverde, Baralla e Láncara; polo sur cos de Láncara e O Páramo; e polo oeste cos de Guntín e Lugo. Na Idade Antiga, unha boa parte das parroquias de este municipio pertencían ó condado de Flammosos, que corresponden o Chamoso actual e que comprenden unha parte de territorio que hoxe pertence a Castroverde. Un requisito do s. XI especifica a pertenza do condado a Corona, despois de ser arrebatado ó bispo de Lugo polos condes Vila e Rodrigo Ovequie. Posteriormente, coa división xurisdicional, a maior parte do termo municipal pertencía a dúas xurisdicións distintas: Adai e Mañán de Arriba.
Finalmente no ano 1840 estableceuse o concello de O corgo, tal e como se coñece na actualidade.
O concello de Friol situado ó oeste da provincia de Lugo, limita o norte con Guitiriz e Begonte, ó sur con Palas de Rei e Guntín, o este con Lugo e Outeiro de Rei e o oeste coa provincia de A Coruña. Ten unha superficie de 295km2 e repártese en 29 parroquias.
As terras de Friol foron colonizadas polos romanos, o que non resulta alleo, xa que tendo en conta que a capitalidade do convento xurídico lucense era Lucus Augusti, permite supoñer que estas terras foron romanizadas na época temperá.
Madoz supón que a antiga mansión do itinerario de Antonio, chamada Caranicum, Caranico ou Caronium redúcese á actual parroquia de Santiago de Guldriz. Anque hoxe crese que estivo aquela na actual “Graña de Vecín”, no concello de Trasparga. Pero que algo significaba no antigo está comarca, próbao o ser un dos máis ricos condados da provincia lucense, en tempos xa que os reis suevos, o de Narla, tan de Friol como que a parroquia que leva aquel nome non dista se non de 4 km. da capital do concello.
Da época romana apareceron resto nunha vía o construír unha ponte sobre o río Narla en Friol, vía que e de supoñer que fose unha derivación da que pasaba por Aparraqua ou Parga,e que se comunicaría coa que ía cara o sur de Lugo.
Da época similar debeu ser o castro ou a Rocha de Narla, na cal estivo a cas e castelo dos Ulloas. <<En San Pedro de Narla -dille Mado- hai un relevado ribazo chamado Castro de Narla, que se supón un antigo forte o vixía, anque no conserva vestixios de haber tido edificio>>. Murxía, pola súa parte, supón que o nome A Rocha e xenérico e responde o emprazamento situado máis na chaira que os verdadeiros castros, e que estaban dedicados a campamentos romanos.
De tódolos xeitos, que en tempos pre-romanos debeu ser unha comarca importante, demostrable no grande número de mámoas descubertas nel e que fixo célebre ó licenciado Pedro Vázquez de Ornas, clérigo e dono e señor do Coto de Remecil de Parga, mías vulgarmente coñecido por O indiano, por criarse en América.
Vázquez de Orjas <<denunciou, rexistrou e manifestou por facenda real (a principios do século XVII) tódalas mámoas de xentiles galigrelos, de algunhas das cales, dise que teñen ouro>>. Non seguiremos paso a paso os detalles do proceso a que deron lugar a porfía do señor de Remecil, e a cobiza dos naturais do país, apresurándose a rexistrar cantas mámoas tropezaban o seu paso (139), hasta testemuños veciños das xurisdicións de Friol, San Paio de Narla, Orden de Santiago, Terra de Gayoso, Portomarín, Parga, Trasparga, Ribeira de Pigra e Cotos de Sobrado… afirman << que están o presente abertas de 300 a 400 mámoas e que todas elas se abriron de noite e ocultamente ,polo que non se sabe quen as abriu nin o que nelas encontraron, que é cousa pública que de algunhas de elas sacáronse tesouros>>.
Entre as mámoas que no famoso litixio se citan, constan, como a maior importancia, a Dos Castelos, na xurisdición da Torre de Narla, da que era dono Don Alonso Ordéñez das Seijas; a de Anefreita, a de Porto Anguieiro en Anxeriz, a se Seigosa e outras.
Todo isto demostra por último, que naquel territorio deberon existir tribos celtas, detrás das cales chegaron tropas romanas que construíron tal vez vilas das que hoxe non queda nin o recordo.
Conta Guntín con una extensión de 156 km2 . Organízase en 32 parroquias e os seus límites xeográficos son Friol e Lugo polo norte, Portomarín polo sur, Corgo e Páramo polo este e Monterroso e Palas de Rei polo oeste. O nome de Guntín, segundo López Peláez, pode derivarse do Guntino, como din os familiares ou servos do Obispo Odario. Pero xa antes o nome de Aqua Quintinae estando poboadas polos chamados Surbos ou seburos e cuxa localización, segundo moitos autores, en San Salvador de Guntín as beiras do río Ferreira, atópanse nalgúns lugares escouras de ferro, principalmente nas proximidades da casa dos marqueses de Valadares, actual casa da Ferreira.
Nun traballo manuscrito inédito de Don Buenaventura Cañizares faise un minucioso estudio dos concilios lucenses a través de dous coñecidos instrumentos procedentes do arquivo da catedral que conteñen importantes noticias de tempo dos suevos. Baseado en tales documentos, procede a división dos once condados que formaban o territorio da dióceses lucense según a demarcación suévica e referíndose o sexto, denominado Pallerense, dinos que comezaba onde entra, no Salicida, o río Argonde, nome de un lugar da parroquia de Campo a dereita do Miño, no termo municipal de Lugo.
Durante a axitada e turbulenta minoría de idade de Alfonso XI (1312-1350), o infante Felipe usurpou moitos bens da catedral de Lugo e dominaba nesta cidade o bispo buscou a alianza de D. Alonso, fillo do infante D. Juan, e, para atraelo mellor o seu partido e facer de este xeito que a súa axuda fose mías inmediata entregoulle un 1315 a encomenda de todo o territorio coñecido co nome de Coto de Lugo e de Pallares. Este feito e indicativo da proximidade do Condado de Pallares e o de Lugo, desprazando en parte a teoría anteriormente mencionada de Ferrando, que o sitúa cerca de Monforte.
Xa moito antes, reinando D. Alfonso, alá polo ano 1078, se recoñecía en escritura pública que eran condados pertencentes o estado os de Chamoso, Narla, Rábade, Pallares, Sobrado, Ferreira e Portomarín.
Don José de Pallares y Correa obtivo o título de Conde de Pallares polo real despacho do 26 de xullo de 1815, con vizcondado previo de pallares, condado que actualmente ostenta o escritor D. Luis Vázque de Parga e Iglesias da Riva, VI conde.
O concello de Monterroso e un dos concellos integrantes de comarca de A Ulloa, comarca con unha extensión considerable , 447,6km2 con algo máis de 500 entidades de poboación xunto con Palas de Rei e Antas de Ulla. Este concello conta con unha extensión de 114,6km2 e sitúase no suroeste da provincia de Lugo. Xeográficamente Monterroso limita polo norte cos concellos de Guntín e Palas de Rei, ó oeste de novo con Palas de Rei e Antas de Ulla, o este con Portomarín, Taboada e Guntín o Sur con Taboada e Antas de Ulla.
O nome que lle deron os antigos que habitaban nestas terras está ligado as característica de relevo e nace das formas latinas, monte(n) russu(m) ou monte(m) russeu(m), referíndose ben a cor da terra, o ben a cor rosácea das urces e carrascas dos seus montes. Esta denominación non aparece hasta polo menos mediados do século XII onde Monterroso era o nome de un monte, que nun momento determinado foi nomeado a un lugar de asentamento humano. E unha labor bastante difícil saber cando aconteceu, o que si sabemos e que o documento máis antigo relacionado con esta comarca e do ano 572 e refírese a confirmación da división diocese lucense en doce condado. Segundo estudos realizados, o territorio de Monterroso abarcaría a comarca de A Ulloa, e dicir os actuais concellos de Antas de Ulla, e Palas de Rei e pasaría os límites, polo menos en algún momento, cara a Terra de Melide e cara o Miño.
Da importancia de estas terras dan boa fe a cantidade de pazos e casas señoriais existentes no concello, no que se ven nos muros os blasóns das principais familias nobres de Galicia: Ulloa, Traba, Salgado, Noguerol e Andrade, entre outros. Tamén as 20 igrexas románicas construídas entre finais do século XII e principios do XIII fan referencia a outro feito indiscutibles: a transmisión artística do Camiño de Santiago que, dende Ventas de Narón vai cara a Ligonde.
Las características cruceiros marcan o termo municipal sendo algúns de gran interese como o de Lameiros, cerca de Ligonde, en pleno Camiño de Santiago, teñen no pedestal unha inscrición co nome de Ulloa, xunto cos instrumentos da Pasión de Cristo, a continuación o fuste e o capitel coa imaxe de Cristo nunha cara a Virxe das Dores noutra; outros cruceiros de interese son o de Fente, Frameán ou San Breixo.
O concello de Outeiro e Rei pertence a provincia e diocese de Lugo; integrado no conxunto da unidade xeográfica coñecida como A Terra Cha lucense. Sitúase a 11 km da capital provincial. Limita polo norte cos Concellos de Bergonte, Cospeito e Rábade, polo este, el de Castro de Rei; Polo Sur co de Lugo e polo Oeste co Concello de Friol.
Coas referencias bibliográficas e arqueolóxicas existente, se pensa que Outeiro de Rei estivo continuamente habitado primeiro, pola poboación castrense (800 a. C -100 d. C), sendo varios o castros catalogados neste Concello, todos eles sen escavar e entre os que se atopan no Castro de Candai, situado nos límites das parroquias de Aspai e Candai; e segundo polo romanos (60a.C -410 d. C), os que se supón que chegaría aquí pouco despois de fundala cidade de Lugo bautizando este lugar, de acordo a maioría dos historiadores e fontes clásicas consultadas, co nome de Octodorum. A súa presenza supuxo non só a romanización de varios dos castros existentes no concello como o Castro de Tourón (Guillar) ou o Castelo do Picato (San Lourenzo de Aguiar) se non tamén a construción de dúas vías que atravesaban o citado Outeiro de Rei así como a constitución de algunha casa de campo agropecuaria o “villae” na parroquia de Vilela ou poboados sen fortificar <<Vici>> como e o caso da actual Santa María de Cela, a que recibía daquelas o nome de <<Aguas Célenas>>.
A Chegada dos Suevos a Galicia (410 d. C aprox.) asumiu a organización político-administrativa do territorio lucense en condados, integrándose a práctica total do actual concello no denominado condado de Superata (Sobrada).
Durante a época medieval (s. XVIII-XV), organizado en dúas xurisdicións, a de <<Sobrada de Aguiar>> e a de <<Outeiro de Rei>>, señoríos de Pedro Freire e o conde de Lemos respectivamente, convertéronse no nacemento de algúns dos principais liñaxes nobiliarios de Galicia, entre os que destacan os Gayoso, os Montenegro ou os Aguiar. Estes constrúen aquí, primeiro seus castelos-fortalezas e unha vez finalizada a inestabilidade medieval (s. XVI), levaron a cabo a transformación civil da arquitectura militar, xurdindo os pazos e casas señoriais.
A súa posición limítrofe coa capital da provincia fixo de Outeiro de Rei un lugar de residencia apetecible para os nobres e tamén para os pequenos fidalgos. Boa proba e a importante concentración de casas señoriais neste municipio entre as que ocupan un lugar destacado: o pazo de Mirapeixe (Santa Mariña), solar de orixe dos Gayoso; la <<Casa Fuerte>> de Outeiro de Rei, fundada a partir de unha torre medieval no século XV pola familia irlandesa O´Kelly e posteriormente en mans de Gayoso; a casa torre de A Barreira (Santiago de Gayoso) orixinaria de 1575 ou o pazo de Guevera, levanto a finais do século XVII polos Pardo-Rivadeneira.
Pero Outeiro de Rei no só conserva unha arquitectura civil de interese, tamén debemos destacar a súa arquitectura relixiosas, o seus vinte e sete igrexas e capelas foron construídas maiormente durante os séculos XVII-XVIII, con excepcións como son os templos de Francos, Martul y Robra, os cales teñen orixe románico que con remodelacións posteriores apenas deixan entrever elementos das construcións primitivas.
Da Idade Moderna (s. XVII-XVIII) resaltar que a concentración da terra en mans duns poucos e en consecuencia a imposibilidade de obter beneficios de campo fixo que os veciños buscasen actividades complementarias a agricultura consolidándose nesta Concello, gracias en parte a as características do seu chan, unha importante zona de torneiros que cubrían en boa parte as necesidades de subministracións para o fogar da provincia. Os principais núcleos produtores do momento estaban en Santiago de Gayoso, Silvarrei, Penelas e Bonxe; a partir do século XX o número de torneiros empezou a minguar drasticamente, e na actualidade soamente en Bonxe , gracias a Josefa Lombao Ferro, perdura esta actividade e tradición, sendo a cerámica de Bonxe unha das catro cerámicas ancestrais que aínda quedan en Galicia.
Situado no noroeste da provincia de Lugo, o concello de Palas de Rei limita o Norte co concello de Friol; o Sur o concello de Antas de Ulla, no Oeste limita coa provincia de A Coruña, e no Este limita cos municipios lucenses de Monterroso e Guntín. A historia de Palas de Rei, presentase intimamente unida a cultura castrense, conservando hoxe numerosos restos arqueolóxicos testemuñas de un remoto asentamento.
Segundo a tradición o concello debe o seu nome <<pallatium regis>> o palacio do rei visigodo Witiza, que reinaría entre 702 e 710. En Palas Witiza mataría o Duque de Galicia, Fafila, pai de Do Peaio.
O Románico entrou polo Camiño de Santiago, deixando a súa pegada na arquitectura relixiosas, destacando a igrexa de Vilar de Donas, un dos referentes principais do románico galego, declarada en 1931 monumento histórico-artístico. As súas pinturas murais forman un dos conxuntos mías destacados e mellor conservados de Galicia.
O Concello de Palas de Rei conta con un amplo patrimonio artístico que reflexa o pasado señorial de estas terras, pois conserva restos de fortalezas, torres, castelos, así como varios pazos e casas blasonadas. Entre as construcións máis relevantes pódese citar: a antiga casa-torre de Filgueira; a casa-torre de Fontecuberte; o Pazo de Laia que conserva o escudo de armas dos conde de Traba, estirpe da que sairía o fundador de Pambre; a casa de Ulloa, onde os Saavedra, Montenegros, Gayosos, os Deza, identifícanse coas súas armas e escudos familiares; o Pazo Mariñao; o Paxo de Pacheco, e finalmente O Castelo de Pambre, fortaleza erguida por Don Gonzalo Ozores de Ulloa cara ó ano 1375, que resistiu a revolta irmandiña no 1467, converténdose nun dos mellore exemplos da arquitectura militar de Galicia.
Palas, protagonista tamén na segunda guerra carlista, foi un dos escasos concellos nos que triunfou a sublevación en 1846, establecendo nunha Junta Revolucionaria.
O concello do Páramo está situado no centro de Galicia e no oeste da provincia de Lugo, de que administrativamente forma parte. Limita polo norte co concello de O Corgo, polo este cos de Láncara e Sarria, polo sur co de Paradela e polo oeste cos de Portomarín e Guntín.
As primeiras referencias históricas de O Páramo atopámolas nos achados arqueolóxicos na parroquia de San André da Ribeira, onde apareceron varios túmulos megalíticos, e tamén abundantes castros como os de Friolfe e Moscan.
A primeira referencia escrita sobre as terras de O Páramo data do ano 569, cando nun concilio celebrado en Lugo establécense os límites dos 11 condados, que pertencían a esta diocese. Un deles era o Condado Paramiensis, que <<recibía o seu nome de Páramo, territorio situado entre as marxes esquerdas do río Miño e Neira; a súa extensión comprendía a confluencia de Sarria có citado Neira polo noroeste; seguía o marxe de este último río polo norte, e o Miño remataba polo sur ata a conca do aurífero Sil. Incluíase ademais de Sáa de Páramo, os pobos de Vilasante, Ribeira, Chanca, Paradela e O Incio, segundo relato de Manuel Amor Meilán.
O nome de O Páramo ven da Idade Media, e dos primeiros tempos da Reconquista. O Señor López Pelaez afirmou que na primeira época de Reconquista xa existía o Convento de San Salvador de Páramo (ano 402), que deu gran relevancia a Comarca. A súa importancia ponse de manifesto o ler a carta de restauración da Igrexa de San Xoán de Friolfe cerrada no ano 910 e que foi escrita por catro abades, oito presbíteros, catro diáconos e sete testemuños.
A historia de O Páramo aparece fundida na de Sarria na que só fai referencia no ano 1255, nunha escritura de Afonso X confirmado un privilexio que sendo infante expedirá no 1246 a favor da Orde Hospitalaria pola cal lle facían doazón de : <<Páramo en Gallicia que yaza en onor de Sarria como parte de Riva de Neira>>
O concello de Rábade forma parte da comarca lucense da Terra Chá, no cuadrante nordés de Galicia. As Súas coordenadas xeográficas con as seguintes: 430 6`Lat N e 70 37`Lonx W. A distancia de Rábade a capital da provincia, Lugo, e de 15 km, e o seu termo municipal e limítrofe cos de Begonte e Outeiro de Rei.
Na provincia de Lugo, a comarca da Terra Chá e un destacado enclave en restos arqueolóxicos do período da cultura megalítica (IV milenio a C.) , tamén hai restos no termo municipal de Begonte, de ata 50 mámoas, túmulos en forma de casquete esférico realizados con terra e pedra que teñen a función de cubrir e illar as estruturas de enterros.
Con relación o período romano (ata o s. V a. C), Rábade está en relación co armazón viario terrestre que estableceron os romanos usando en moitos casos antigas vías megalíticas e castrenses. Pola cercanía de Rábade pasou a chamada vía XX que unía, Braga e Astorga, que seguía dende o río Ulla pola costa coruñesa ata Betanzos para continuar despois en dirección sur cara a Lugo (tramo que afectaría a Rábade) e Astorga. Anque os itinerarios concretos das vías romanas son obxecto de discusión entre os especialistas, Rábade aparece relacionado coa que mencionamos.
Rábade figura nos itinerarios medievais, concretamente nos tramos que unían Vilalba e Rábade, por un lado, e Rábade e Parga, por outro (esta último está relacionado coa antiga vía romana Betanzos ?Lugo).
Na Idade Media está datada a ponte antiga de Rábade, concretamente nos séculos XIII-XIV. En canto a herdanza visigótica conservase no Museo Diocesano de Lugo una lápida sepulcral localizada nos arredores de Rábade.
Durante os séculos X e XI a vila de Rábade estivo relacionada nalgúns momentos co dominio do mosteiro de Desván que tiña enclaves dispersos xeográficamente, e que en Rábade orientaba a explotación cara os pomares (plantación de maciñeiras) e as pesqueiras fluviaimais.
No ano 1029 o maiordomo da vila de Rábade revolvese contra o rei e busca a protección do conde Rodrigo Romáriz. Coa intensificación dá fragmentación territorial, medra o número de castelos e proliferan as revoltas aristocráticas en contra da monarquía.
No ano 1078 o bispo de Lugo recupera, gracias a unha sentencia do rei Alfonso VI de Castela e León, os condados e territorios (entre eles Rábade) que lle refutara o conde Ovequiz nas permanentes loitas polo poder político sostidas entre a Igrexa, a nobreza e a coroa.
Nos séculos XIV e XV varios estirpes familiares señorean na zona de Rábade, establecendo as súas casa solanas. Son os de Rábade, Aguiar Gaioso, Montenegro, Parga, Saavedra, Baamonde y Ribadeneira.
Un cronista da época recolle como no século XV, nos anos posteriores as Revoltas Irmandiñas, e a execución do famoso Mariscal Pardo de Cela, acontece unha <<fazaña militar>> chamada de la <<Ponte Ravade>> en Rábade (ligada o asedio a próxima fortaleza de Caldaloba), reinando xa os Reis Católicos.
Durante o século XVIII foi construído o Camiño Real que uniría A Coruña con Madrid. Entra en Galicia por Pedrafita , pasando por Rábade e chagando finalmente o Porto de A Coruña. Nesta época Rábade era unha parroquia que se incluía na xurisdición de Outeiro de Rei, que pertencía o señorío da Casa de Lemos e que se incluía no partido chamado de Ambas Augas, todo no marco da provincia de Lugo. Unha das sete provincias nas que se estruturaba o chamado Reino de Galicia. Conservase abundante documentación de estes séculos, onde destacan numerosos expedientes xudiciais tramitados diante da Real Audiencia polos veciños da xurisdición de Outeiro de Rei que buscaban nesa institución as garantías xudiciais que non lles ofrecían os xuíces señoriais.
A chegada do ferrocarril no século XIX transformará xa para sempre o sistema de vida dos habitantes de esta parroquia, ancorada nos usos e costumes mais tradicionais da época. Politicamente este século para Rábade, como para o resto de España, con un episodio bélico, a Guerra da Independencia contra os franceses.
Rábade, estratexicamente situada no camiño que se dirixe cara A Coruña, veuse afectado polo paso das tropas napoleónicas dos mariscais Ney e Soult na sua persecución do exército do xeneral Moore que se retiraba cara o porto de A Coruña, onde se desenrolaría a Batalla de Elviña. Despois das Cortes de Cadiz comezou a desenrolarse o marco lexislativo que configuraría a formación dos concellos constitucionais.
Rábade verase afectada polas Guerras Carlistas: en 1837 en Rábade está establecido un cantón militar dependente dá comandancia xeral de Lugo; en 1838 organiza en Rábade unha factoría de abastecemento para o exército no 1842 recollese documentalmente a existencia dun acantonamento militar que dispón tamén de cárcere. Tamén na última Guerra Carlista recollese a existencia de unha facción Carlista nos arredores de Rábade, na zona de Outeiro de Rei (1873).
No século XX, Rábade convertese, en 1925, en Concello independente o segregarse do Concello de Begonte, e en 1935 recibe o título de Vila por decreto do Ministerio da Gobernación.
Nos anos 60 mellora os equipos educativos e deportivos do Concello, integrándose nunha mancomunidade turística e continúan mellorando os servizos e infraestruturas da vila. De feito, en 1968 e de cara o Plan de Desenrolo Económico e Social, Rábade e cualificado como núcleo de atracción nunha zona de influencia mais extensa.
Nos anos 70 prodúcese a desafectación do monte comunal para crear un polígono industrial . En 1973 Rábade e declarado zona urbana polos Servicios de Valoración Urbana de Facenda. Nos anos 80 a Corporación certifica o seu apoio a autonomía galega.
Nos plans de rexionalización dos anos 90 Rábade defínese como << un Concello sen sector primario practicamente, cunha estratéxica situación que define a importancia dos seus sectores secundarios e terciarios, dos que se nutre parte da zona rural cos concellos limítrofes. A súa carencia son os servizos administrativos a pesar do alto nivel de renda por habitante da localidade, o que ven determinado pola reducida poboación”.
Hoxe por hoxe o Concello ábrese a novos proxectos, incluídos os de tipo cultual e ecolóxico.