O GDR comarca de Lugo

Somos a Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo, constituída o 3 de xuño de 2016 e aberta a integrar calquera outra entidade asociativa que comparta os nosos obxectivos.

A nosa vocación é instrumentar o desenvolvemento rural do noso territorio como promotor de todo tipo de proxectos que nos potencien como comarca.

Como Grupo de Desenvolvemento Rural GDR4, temos o labor da Axencia de Turismo de Galicia de coordinar as actuacións de posta en valor do Xeodestino Comarca de Lugo-Terras da Ulloa. O alcance desta función posibilita que, desde a nosa perspectiva de traballo polo desenvolvemento rural, se poidan realizar accións de promoción turística da zona que conleve xeración de riqueza a través dunha filosofía onde a sustentabilidade é a nosa principal forma de levar a cabo a nosa acción.

Para levar a cabo esta tarefa, traballaremos de xeito conxunto coas administracións locais como son os concellos e cos axentes territoriais que dunha ou outra maneira ofrecen servizos aos nosos visitantes e que van desde aquelas actividades máis propiamente turísticas como son as hospedaxes, a restauración ou a conservación de paraxes naturais e patrimoniais ata outras como a transformación agroalimentaria que son básicas á hora do apoio ás mencionadas previamente.

O noso lema inicial foi “Gustus Terrae, o sabor da terra”, para nós é unha forma máxica de definir o noso territorio, xa que nesta frase combínanse a relación do visitante co noso medio natural e ao tempo facemos un aceno a aqueles produtos gastronómicos que saídos da terra dan importancia á nosa terra. Ademais, como GDR4 tamén somos o axente encargado de xestionar os fondos LEADER do noso territorio en colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) dependente da Xunta de Galicia.

Somos unha asociación, polo tanto, chamada a ser un elemento crave na vertebración do noso rural, xa que, o noso traballo é amplo e transversal podendo deste xeito crear sinerxías entre diferentes sectores como son o turístico, o agrogandeiro, o agroalimentario ou mesmo da xeración de servizos.

Subscribete agora

Recibe as ultimas novas