LUGO. O concello de Palas de Rei acaba de iniciar as obras de reforma dunha antiga casa situada na parroquia de Lestedo, co obxectivo de transformala nun centro social de uso comunitario. O edificio, que actualmente se atopa nun estado de completo abandono, foi adquirido polos propios veciños da zona, que posteriormente o doaron ao concello para que o reformase e o puxese en funcionamento como centro de reunións veciñais.